martes, 27 de enero de 2015

acceso a outros ciclos e estudos superiores

2. Perfil profesional. 2.1. Competencia xeral do título. A competencia xeral do título profesional básico en Servizos Comerciais consiste en realizar operacións auxiliares de comercialización, merchandising e almacenaxe de produtos e mercadorías, así como as operacións relacionadas de tratamento de datos, seguindo protocolos establecidos, criterios comerciais e de imaxe, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. 2.2. Competencias do título. As competencias profesionais, persoais e sociais, e as competencias para a aprendizaxe permanente do título profesional básico en Servizos Comerciais son as que se relacionan: a) Recibir mercadorías no almacén, rexistrar as entradas conforme procedementos e manexalas, transportalas e colocalas utilizando carretas automotoras ou manuais e medios de manipulación complementarios. b) Realizar recontos e inventarios periódicos de mercadorías e manter actualizada a información nos puntos de venda, realizando inventarios e recontos periódicos, e detectando desabastecementos e incidencias. c) Colocar elementos de animación en puntos de venda e dispor produtos nos expositores e lineais, seguindo instrucións, aplicando criterios comerciais e respectando a imaxe da empresa. d) Aplicar técnicas de empaquetaxe e presentación atractiva de produtos, para facilitar a súa promoción no punto de venda e transmitir a imaxe da empresa. e) Seleccionar mercadorías ou produtos, conforme ordes de traballo, e embalar e

No hay comentarios:

Publicar un comentario